Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

De onde chegan os plásticos que vemos nas nosas praias?



REDACCIÓN · PUBLICADO O 11 DE SETEMBRO DE 2017 · (0)



Para estudalo SEO/BirdLife e Ecoembes poñen en marcha a campaña “1m2 polas praias e os mares”: unha análise dos lixos nas costas. Empeza o 29 de setembro e ata o 8 de outubro en 47 puntos do país. En Galicia será na Praia da Abeleira e na costa da Morte e Ferrol.


Tamén haberá dúas limpezas na Praia de Rodas e na de San Xián. Os datos obtidos durante estas xornadas integraranse na base do MAPAMA (Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente) para analizalos e obter rexistros científicos que poidan servir para coñecer o impacto que xeran. Para realizar estas batidas seguiranse as indicacións da plataforma MARNOBA e a súa app.

Segundo un recente estudo anualmente vértense aos océanos oito millóns de toneladas de plásticos arrastrados desde as beiras dos países con saída ao mar, millóns de refugallos confundidos por comida pola fauna mariña con consecuencias desastrosas. De aí a importancia dunha campaña na que poden participar todas as entidades (organizacións, fundacións, empresas…) que queiran colaborar.

Durante moito tempo, pensouse que o mar era unha fonte de recursos inesgotable, que esa xigantesca masa de auga aguantaríao todo. E, nas últimas décadas, convertémolo nun estercoleiro. Óscar Martín, conselleiro delegado de Ecoembes sinala que “é un problema que require a colaboración de todos. Temos que conseguir un cambio nas condutas para deter as devastadoras consecuencias sobre a biodiversidade do noso país”.  Estas recollidas formarán parte das decenas de actividades que programou SEO/BirdLife con motivo do Día das Aves, que se celebra o sábado 30 de setembro en Europa e Asia. 



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)