Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Nuda propiedade: como vender a casa e seguir vivindo nela



REDACCIÓN · PUBLICADO O 13 DE SETEMBRO DE 2017 · (0)



Son moitos os propietarios que descoñecen que existe unha forma de facelo. Os perfís máis comúns entre os que optan por esta alternativa son xente sen herdeiros, xente maior que quere aumentar os ingresos para vivir máis comodamente, e os que queren asegurar o benestar dos fillos.


Segundo o consultor inmobiliario Eduardo Molet trátase dunha opción que cada vez está a gañar máis adeptos. “No último ano, na nosa axencia incrementáronse un 150% as vendas de vivendas en nuda propiedade. Hai pouco tivemos o caso dunha persoa maior que necesitaba diñeiro para os fillos e esta fórmula permitiulle axudarlles sen perder a independencia. Doutra maneira tería que vender a casa e ir vivir con eles”.

Pero, que é a nuda propiedade? Cando unha persoa adquire unha obtén o pleno domino. E o pleno domino divídese entre a nuda propiedade e o usufructo vitalicio. Segundo explica Eduardo Molet “neste caso estariamos a falar de vender só a nuda propiedade, co cal a persoa seguiría dispoñendo mentres vivise do usufructo da vivenda”. É ideal para persoas maiores sen herdeiros ou que desexan gozar da súa casa sen nengún tipo de preocupación económica.

A nuda propiedade non achega a posesión inmediata: é o dereito que ten unha persoa sobre unha cousa. Neste caso falamos dunha vivenda. Con todo non lle proporciona a posesión, xa que o usufructo pertence a outra persoa. “Esoutra persoa poderá facer uso da propiedade ata que o usufructo finalice, sendo posible establecer un termo fixo ou ata a morte do usufructuario”. O nudo propietario gozará da vivenda cando finalice o usufructo. Aínda que sexa dono da vivenda, non poderá gozar dela ata ese momento. Unha vez chegado, terá todo o dereito a dispoñer da propiedade en bo estado.

Pódese seguir usando a propiedade?

A principal vantaxe é poder seguir facendo uso da vivenda para sempre. Unha seguridade avalada legalmente coas máximas garantías, rexistrado con escritura ante notario. Ademais, o diñeiro da venda recíbese no instante da cesión da nuda propiedade e dunha soa vez. Se o usufructuario non desexa continuar vivindo na casa poderá alugar a vivenda e obter integramente esa renda. “Iso si”, advirte Eduardo Molet, “o arrendamento extínguese no momento do falecemento do usufructuario. Incluso o usufructuario pode vender o usufructo a unha terceira persoa e obter outro ingreso”.

Con esta venda os gastos tamén serán menores para o vendedor, xa que pasaría a pagar só aqueles correspondentes aos consumos ordinarios da vivenda (auga, electricidade, gas), mentres que o investidor faríase cargo dende ese momento do IBI e derramas extraordinarias.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)