Publicidade

Cluster


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Atresmedia trae novas oportunidades formativas a Galicia



REDACCIÓN · PUBLICADO O 13 DE SETEMBRO DE 2017 · (0)



A Fundación Araguaney-Puente de Culturas e Atresmedia asinaron un acordo para impartir formación no ámbito da innovación audiovisual. Antes de que remate o ano, ofreceranse as dúas primeiras sesións adicadas á televisión e branded content


O convenio presentado esta mañá en Compostela pretende crear un marco de relación estable entre ambas as dúas organizacións co fin de impulsar, executar e coordinar o deseño, desenvolvemento e coordinación de cursos, conferencias, seminarios, charlas e outras actividades relacionadas coa formación, especialmente no audiovisual, un ámbito "que require de constante actualización", tal como asegurou Ghaleb Jaber Martínez, presidente da Fundación Araguaney-Puente de Culturas. 

Pola súa banda o director de Recursos Humanos do grupo Atresmedia, Lucio Fernández, destacou a "sintonía" coa Fundación compostelá que agarda sirva para levar a cabo múltiples iniciativas. O obxectivo de Atresmedia, que conta xa cunha importante traxectoria formativa en Madrid, é ampliar o seu radio de acción, de xeito que "cando alguén pense en formación pense en nós", indicou Fernández, quen estivo acompañado na presentación polo director de Onda Cero Galicia, Ignacio Capeáns, e a delegada de Antena 3 Eva Vázquez Lima.

Nos próximos días darán a coñecer a forma de inscrición na primera das iniciativas, o curso de "Presentación e edición de informativos e espazos de entretemento", que será impartido polo xornalista e profesor Luis Fraga. No mes de novembro está previsto realizar outro sobre unha nova forma de publicidade e marketing: o branded content.   

Os cursos terán unha duración de 15 horas repartidas en tres días e un máximo de 15 alumnos, que recibirán diploma acreditativo da formación recibida. 



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)