Publicidade

Cluster


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Emprender correndo



REDACCIÓN · PUBLICADO O 14 DE SETEMBRO DE 2017 · (0)



Ourense acollerá o 8 de outubro a II Carreira das Empresas cun percorrido de seis quilómetros que se poderá facer correndo ou camiñando. AJE Ourense, organizadora da proba, destinará un euro de cada inscripción á asociación Down Ourense.


“Non é un reto deportivo, senón un encontro entre os participantes co fin de xerar vínculos e fomentar valores como a cooperación e o traballo en equipo, ese é o factor diferencial desta carreira”. Así definía onte Lois Babarro, presidente de AJE Ourense, a Carreira das Empresas, que celebrará a súa segunda edición o domingo 8 de outubro polas rúas da cidade das Burgas. Por iso, a inscripción está aberta a todos os que queiran unirse para percorrer eses seis quilómetros e que pertenzan non só a empresas, senón tamén a organismos, concellos, institucións, colexios, facultades, etc.

A participación na primeira edición foi de 308 corredores, e confiamos superar esa cifra na de este ano”, dicía tamén o representante dos mozos empresarios ourensáns na presentación de onte, na que estuvo acompañado como recolle a imaxe de apertura polo vicepresidente da asociación, César González, e colaboradores na organización desta actividade como o alcalde da cidade, Jesús Vázquez, e o subdirector comercial de La Región, Carlos Barbosa.

A carreira terá saída e chegada no pavillón Paco Paz, onde se entregarán dorsais a primeira hora da mañá. Os corredores inscritos comezarán ás 10.30 da mañá este circuito urbano, que discorrerrá polo Barbaña, rúas Desengaño, Paseo e Santo Domingo, Praza Maior, As Burgas, e de novo o Barbaña e o Paco Paz. Para rematar, os participantes citaranse ás 12 en Expourense para a entrega de trofeos e degustar un aperitivo. Os premios consistirán en trofeos ás distintas categorías (pendentes de determinar pola organización) e regalos dos distintos patrocinadores.

Inscrición

A inscrición, que se pode facer na web www.championchipnorte.com, custará sete euros por persoa e pódese realizar por equipos de dúas a cinco persoas (cada empresa ou institución pode anotar tantos grupos como queira). Seguindo coa tendencia solidaria que os mozos empresarios imprimen ás súas actividades, destinarase un euro de cada inscrición á asociación Down Ourense, entidade seleccionada este ano para este fin e destacada co galardón ao labor solidario nos últimos premios de AJE Ourense.

Tanto Jesús Vázquez como Carlos Barbosa coincidiron en loubar esta iniciativa dos mozos empresarios ourensáns, á que desexaron un grande éxito e animaron a todos os traballadores a participar. Vázquez destacou as bondades do deporte non só para a saúde, senón tamén “para socializar e crear vínculos, por iso esta carreira é digna de aplauso e apoio”. Así mesmo, o alcalde agradeceu aos directivos de AJE presentes que, ademais de dinamizar o tecido empresarial, fagan o mesmo coa vida e actividade da cidade. Barbosa, pola súa banda, lembrou que o medio local colaborará transmitindo e dando toda a información da carreira.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)