Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Preparando o lanzamento do Poptec



REDACCIÓN · PUBLICADO O 14 DE SETEMBRO DE 2017 · (0)



O Cluster Transfronteirizo de Biotecnoloxía nace para facer forte ao sector biotecnolóxico en Galicia e Norte de Portugal. O primeiro paso é o hub en Porto do Molle, onde as startups terán un espazo para probas e coworking. Neste clúster están: Consorcio da Zona Franca, as universidades de Santiago e Minho, Bioga, Bicminho e a Associçao Portuguesa de Biotecnoloxía.


Ademais das instalacións físicas, o organismo que dirixe Pedrosa prevé ofrecer ás startups biotechun programa de aceleración do talento, con asesoramento e coaching, así como facilitarlles acceso a financiamento e aos mercados internacionais. Ao hub-biotech de Porto de Molle uniráselle outro en Braga. O orzamento do Consorcio Zona Franca de Vigo xa contempla unha partida de 220.000 euros para 2018.

No encontro mantido onte entre todos os socios do proxecto na Universidade do Minho concretáronse as necesidades das instalacións que o Consorcio vai poñer a disposición deste proxecto no parque empresarial de Porto do Molle. Esta infraestrutura será o primeiro paso para o lanzamento do clúster que, mediante o Poptec, ten un orzamento de 1.932.000 euros cofinanciado nun 75 % con fondos europeos.  

A delegada do Estado, Teresa Pedrosa, acompañada da directora de promoción económica, Rosa Eguizábal e de persoal técnico do Consorcio; véronse onte pola mañá en Braga no International Iberian Nanotechnology Laboratory (INL) e, á primeira hora da tarde, co Departamento de Engenharia Biolóxica para preparar conxuntamente o lanzamento do Poptec. Durante a mañá, Lorenzo Pastrana, Catedrático da Universidade de Vigo que desde hai dous anos é o xefe do departamento de Ciencias da Vida no INL, e o Director Xeral do Centro, Lars Montelius, realizaron unha presentación xeral deste Laboratorio Ibérico de Nanotecnoloxía, fundado polos gobernos de Portugal e España para realizar investigación interdisciplinaria.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)