Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Santiago(é)Tapas cumpre dez anos con cambio de imaxe



REDACCIÓN · PUBLICADO O 14 DE SETEMBRO DE 2017 · (0)



A partir da última semana de setembro xa poden inscribirse os locais hostaleiros de Compostela que quieran participar na que xa é a décima edición do tradicional concurso gastronómico. Este ano será do 2 ao 19 de novembro.


Nestes nove anos de concurso consumíronse máis dun cuarto de millón de tapas. Naceu en 2008 da man de Turismo de Santiago para a promoción gastronómica da cidade e xa nesa primeira edición a Asociación Hostelería Compostela participou como colaboradora. A nova imaxe do concurso -por presentar aínda- parte da unión das cores corporativas dos dous organismos.

No 2012, cando se celebrou a quinta edición, aos hostaleiros encargáronse de organizar directamente o concurso, contando con Turismo de Santiago como patrocinador institucional. Este modelo repetiuse durante tres edicións. 
No ano 2015 foi a primeira ocasión na que Turismo de Santiago e a Asociación Hostelería Compostela o organizaron conxuntamente. E como para celebrar o décimo aniversario toca cambio de imaxe, partirá da unión das cores corporativas de Turismo de Santiago, laranxa, e da Asociación Hostelería Compostela, vermello. 
Tamén modificarase o Tapasporte.

O concurso manterá o funcionamento básico pero contará cun novo formato para ir completando as diferentes rutas do concurso: máis lixeiro e máis parecido á Credencial dos peregrinos, respectando a idea orixinaria de facer un simil coas etapas do Camiño. 
Nesta edición tamén farase un recordatorio das tapas gañadoras das edicións celebradas ata o momento, moitas xa petiscos case clásicos.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)