Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

As pemes españolas, das que máis tempo perden en tarefas administrativas de Europa



REDACCIÓN · PUBLICADO O 14 DE SETEMBRO DE 2017 · (0)



As diferenzas entre os países son notables e España sitúase entre os que máis tempo perden en burocracia e labores administrativos. En total destinamos 210 días nos últimos 12 meses a contabilidade, xestión de recursos humanos e regulamentación. A media europea está en 120 días.


No lado oposto están Reino Unido, Irlanda ou Alemaña que destinan, respectivamente, 71, 72 e 129 días ao ano a estes traballos. Curiosamente, Estados Unidos está por riba de España, cunha cifra de 266 días. Así o recolle o estudo internacional feito por Sage para analizar os custos que supón para as pemes non dixitalizar estas tarefas administrativas.

Os datos do estudo non só fan referencia á perda de tempo, senón tamén á redución de produtividade e de retorno económico. Segundo Sage, un aumento do 10,5% da produtividade nas pemes españolas suporía un incremento anual de 32.000 millóns de euros no PIB nacional. “É incrible que o aumento dunha pequena porcentaxe da produtividade, agora destinado a administración, poida supoñer tanto en termos de crecemento económico”, afirma Luís Pardo, Conselleiro Delegado de Sage Iberia.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)