Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Un plan para formar a máis de 400 profesionais do turismo



REDACCIÓN · PUBLICADO O 14 DE SETEMBRO DE 2017 · (0)



En 14 localidades galegas impartiranse 300 horas de formación gratuítas deseñadas polo Clúster de Turismo de Galicia. A primeira xornada arrinca o vindeiro martes en Ribeira: un seminario de Análise e Dirección Estratéxica de Empresas que repetirase os días 25 de setembro e 3, 4 e 11 de outubro en Lugo, Pontevedra, Ourense e Compostela.


O CTG presentaba esta mañá na Cidade da Cultura de Santiago a terceira edición dun Plan de Formación que desenvolverase durante setembro, outubro e novembro co apoio de IFFE Business School. Ensinarán a mellorar habilidades para a comunicación, análise dos modelos de negocio, a familiarizarse coas ferramentas de e-marketing e as técnicas de revenue.

O secretario do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, destacou a importancia da formación para impulsar un sector de futuro, que os cursos fosen gratis e nas catro provincias galegas para facilitar ao máximo o aproveitamento. Seminarios de internacionalización, de análise da estratexia empresarial, de habilidades de comunicación así como unha relación de obradoiros técnicos e un Programa Superior de Dirección e Xestión de Empresas Turísticas completarán a formación.

Formación a cargo de profesionais

O director xeral de IFFE Business School, Manuel Carneiro, explicou tanto as accións de formación incluídas como os relatores: expertos e profesionais en exercicio,  consultores e docentes como Juan Carlos Alcaide, Jimmy Pons, Diego Fernández Pérez de Poña, Tomás Rodicio, Jorge  Vallina,  Xosé Luís  Reza, Patricia Cuevas, Santiago Martínez, Iñaki Gaztelumendi ou Merce Carballo.

O plan inclúe 19 xornadas intensivas de traballo nas localidades da Coruña, Santiago, Ferrol, Ribeira, Monforte, Ourense, Verín, Pontevedra, Vigo e Sanxenxo. Estas xornadas completaranse con doce accións de sensibilización. O prazo de inscrición para todas estas actividades xa está aberto na web www.iffe.es/turismo, onde tamén pode consultarse todas as actividades.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)