Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Os sectores con más saídas profesionais



REDACCIÓN · PUBLICADO O 18 DE SETEMBRO DE 2017 · (0)



Electrónica, tecnoloxía, sanidade e actividades deportivas son as áreas que ofrecen máis oportunidades


Os graduados, licenciados ou doutorados nestas áreas están altamente valorados polas compañías, unha situación que tamén se dá nos profesionais con ciclos formativos de Formación Profesional, tanto de Grao Medio como de Grao Superior. O sector tecnolóxico e, concretamente, o das TIC continúa como un dos que contan con mellores perspectivas no mercado de traballo. Os profesionais con formación en enxeñaría electrónica industrial son os que rexistran una taxa de emprego maior, situándose no 96,3%. A análise tamén destaca a taxa de desemprego de enxeñarías como Informática, Aeronáutica ou Telecomunicacións, unha das máis baixas, situándose por debaixo do 7%, polo que podemos afirmar que estes profesionais son os máis valorados polas compañías.

O big data é outro dos piares sobre os que apontoar o futuro do emprego. Neste sentido, as compañías están buscando tanto especialistas que poidan recopilar os datos que lles interesan como profesionais relacionados coa análise estratéxica, análise de risco e tratamento posterior de datos. Aquí destacan perfís con Matemáticas, Física ou Estatística, que axuden a analizar os datos e mellorar con iso os resultados das empresas.

No que se refire a formación profesional, entre os ciclos formativos de grao superior de Electricidade e Electrónica, cómpre destacar as oportunidades laborais para os técnicos superiores en Sistemas Electrotécnicos e Automáticos; en Sistemas de Telecomunicacións e Informáticos; en Mantemento Electrónico, e en Automatización e Robótica Industrial. En todos eses casos, a oferta de profesionais é insuficiente para cubrir as necesidades das empresas, o que está aumentando a competencia por estes traballadores. As taxas de paro destas áreas sitúanse por debaixo do 8%. Incluso, entre os titulados de primeiro ano, os índices de empregabilidade sitúanse porriba do 90%.

Outra das áreas con mellores perspectivas é a de sanidade, onde o incremento da demanda de profesionais se sitúa por riba da oferta, sobre todo en perfís moi concretos. Medicina segue sendo a carreira con máis saídas profesionais da área (taxa de paro próxima ao 1%), seguida por Farmacia (6,4%) e Enfermaría (8,1%). A posterior especialización destes profesionais a través de cursos, másteres ou posgraos convértelles en perfís moi cotizados tanto polas empresas de ámbito nacional como por multinacionais con presenza noutras rexións. Segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS), América Latina e o Caribe son uns dos mercados emerxentes cun déficit destes profesionais neste sector, polo que se prevé un incremento da demanda a curto e medio prazo.

Farmacia

Actualmente, o sector farmacéutico atópase en pleno proceso de expansión e as empresas e laboratorios están buscando profesionais especializados, licenciados ou doutorados, con coñecementos de marketing e vendas. A orientación comercial dos candidatos incrementa as súas posibilidades de acceder ao mercado laboral. Nos ciclos de Formación Profesional de grao superior, sanidade conta cunha taxa de paro do 10%. O incremento da contratación destes profesionais está impulsado polo envellecemento da poboación e o aumento da esperanza de vida, tanto a nivel nacional como europeo e internacional. A formación profesional en especialidades relacionadas con odontoloxía contan tamén con elevadas taxas de empregabilidade (próteses dentais e hixiene bucodental teñen índices de desemprego menores ao 8%), se bien outras formacións como Anatomía Patolóxica e Citodiagnose (7,1%) ou Laboratorio Clínico e Biomédico (7,7%) tamén son demandadas polo mercado laboral.

O deporte tamén foi un motor que impulsou a contratación de profesionais durante os últimos anos. Segundo o Anuario de Estatísticas Deportivas que publica o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, o emprego vinculado ao deporte medrou un 23% dende 2011, ascendendo dende os 150.000 profesionais ata os 184.600, e a metade deste volume son profesionais con formación académica superior. Ademais, o número de empresas con actividade económica principal vinculada ao deporte medrou durante oito anos consecutivos, incluso nos anos de criseis pronunciada. A cifra de compañías medrou dende as 22.912 de 2007 ata as 31.139 de 2015. Neste sentido, destaca a elevada empregabilidade do ciclo formativo de grao superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas, cuxos titulados contan con taxas de paro por debaixo do 7%, e uns tempos de inserción moi curtos, xa que menos do 4% dos titulados do último ano se atopa como demandante de emprego.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)