Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Comeza a 39ª Semana Internacional de cine de autor de Lugo



REDACCIÓN · PUBLICADO O 18 DE SETEMBRO DE 2017 · (0)



As cintas foron seleccionadas tras recibir máis de 1.500 longas e curtas de 65 países das que escolléronse 93. Organizada polo Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá do 18 ao 23 de setembro a Deputación provincial patrocina esta interesante cita con 35.000 euros. E o Concello de Lugo colabora con outros 18.000.


Nesta edición o festival rende homenaxe ao mindoniense Victoriano López García, Fundador e Director do Instituto de investigacións e experiencias cinematográficas e primeiro lucense en gañar un Premio Goya, no aniversario do seu falecemento, a través do cartel oficial da Semana. Tamén mostraranse algunha das súas películas nas  salas do Festival.

Dentro da programación do festival, figuran 10 ciclos: Ciclo infantil, O mellor do ano, Sección Oficial, E para comer...Lugo, Arte de cine, Ciclo Cárceres, Grandes Historias, Cine Galego, Homenaxe a Victoriano López García, e Sección curtas de cine. Todas as películas que se proxectarán na Biblioteca Municipal, Museo Provincial, MIHL, Vicerreitorado da Universidade (Casa do saber), Vello Cárcere, e no Pazo de San Marcos da Deputación de Lugo, e serán totalmente gratuítas. Só as cintas no Auditorio municipal Gustavo Freire, terán un prezo de entre 3 e 5 euros, dependendo do ciclo.

Programación do Festival

Ciclo Infantil.- As actividades terán lugar no Auditorio Gustavo Freire ás 18:00 horas.

- O 18 de setembro: La tortuga roja.

- O 19 de setembro: Ribit.

- O 20 de setembro: Los superhéroes.

- O 21 de setembro: ORM en el reino de las nieves.

- O 22 de setembro: La vida de Calabacín.

- O 23 de setembro: Albert.

O mellor do ano.- As películas proxectaranse no Auditorio Gustavo Freire ás 20:30 horas.

- O 18 de setembro: Migas de pan.

- O 19 de setembro: Psiconautas. Los niños olvidados.

- O 20 de setembro: María (y los demás).

- O 21 de setembro: Los inocentes.

- O 22 de setembro: Sólo en fin del mundo.

- O 23 de setembro: Un hombre llamado Ove.

Sección Oficial.- As películas proxectaranse no Auditorio Gustavo Freire ás 22:45 horas.

- O 18 de setembro: A foresta das almas perdidas.

- O 19 de setembro: Encadenados.

- O 20 de setembro: Bajo la rosa.

- O 21 de setembro: Días y noches en el área.

- O 22 de setembro: Zoe.

- O 23 de setembro: Llueven vacas.

E para comer...Lugo.- Proxectaranse na Biblioteca Provincial de Lugo ás 19:30 horas.

- O 19 de setembro: O equilibrio dos opostos.

- O 20 de setembro: Delicatessen.

- O 21 de setembro: Mi panadería en Brooklyn.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)