Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

“Fam-trips” para vender mellor os nosos balnearios e termas



REDACCIÓN · PUBLICADO O 18 DE SETEMBRO DE 2017 · (0)



As axencias de viaxes de mercados emisores de turismo de proximidade a Galicia visitarán Ourense e Ribeira Sacra con estadía nun centro termal, ademais de coñecer unha adega e navegar en catamarán aproveitando Termatalia. Como prescriptores que son trátase de que coñezan o que despois aconsellarán.


A viaxe comezará na propia Feira Internacional de Turismo Termal que se celebra en Ourense os días 21 e 22 de setembro. Terán formación sobre a comercialización do produto termal e reunións B2B con empresas turísticas galegas, tanto balnearios (na imaxe a Burga de Canedo), como almacenistas.

Estes profesionais das axencias de viaxes de España e Portugal coñecerán parte da nosa oferta en turismo termal galego con accións de familiarización tanto na feira como visitando centros termais galegos para que eles, que son quen ten o contacto co usuario final, os coñezan polo miudo e podian así  “vendelo” mellor.

Esta acción de promoción xorde dun proxecto presentado ao Concurso de Ideas do Clúster de Turismo de Galicia por parte de Balnearios de Galicia en colaboración con Expourense, e conta co financiamento da Axencia de Turismo de Galicia. Inclúe tamén o desenvolvemento de paquetes turísticos diferentes.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)