Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Preocupados pola nosa enerxía



REDACCIÓN · PUBLICADO O 19 DE SETEMBRO DE 2017 · (0)



O venres constituiuse en Santiago o Foro Enerxético de Galicia, unha iniciativa que pretende impulsar o debate sectorial na comunidade autónoma, así como lanzar propostas para a mellora das infraestruturas enerxéticas, a posta en valor da innovación e o coñecemento sobre un sector no que Galicia é lider a nivel nacional.


O foro está impulsado polo Comité de Redacción da Revista gallega de energía Dínamo-Técnica, unha publicación de periodicidade semestral que naceu en 1999 e actualmente é a única revista especializada que se edita En Galicia. Trátase dunha iniciativa non oficial e independente, que non está vinculada a ningunha administración pública, organismo empresarial ou grupo de interese.

A nova organización está composta por profesionais de recoñecido prestixio no sector da enerxía en Galicia. Entre os seus membros figuran Oriol Sarmiento Díez, decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia; Carlos Rivas Pereda, doutor enxeñeiro e especialista en I+D; Ernesto Rodríguez Blanco, enxeñeiro industrial especializado en enerxía eólica; Javier Basanta García, enxeñeiro técnico industrial especialista en mantemento de instalacións; José Mouriño Díaz, enxeñeiro técnico industrial especializado en biomasa e climatización, e Diego Gómez Díaz, doutor enxeñeiro químico e profesor do Departamento de Enxeñería Química da USC. O voceiro deste grupo é Fernando Blanco Silva, enxeñeiro industrial e doutor en desenvolvemento sostible.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)