Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

En busca da competitividade do comercio compostelán



REDACCIÓN · PUBLICADO O 19 DE SETEMBRO DE 2017 · (0)



A Cámara de Santiago ofrece diagnósticos de innovación individualizados aos establecementos para mellorar a súa competitividade mediante unha iniciativa que forma parte do Plan de Comercio Minorista e conta cun orzamento de 34.500 euros. As pemes poderán solicitar a súa participación a partir do 29 de setembro e ata o 31 de outubro.


A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela abre a convocatoria de selección de pemes e autónomos para o desenvolvemento de diagnósticos de innovación comercial, incluídos no Plan de Comercio Minorista posto en marcha pola Cámara de España e a Secretaría de Estado de Comercio do Ministerio de Economía e con cofinanciamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder).

Este programa está destinado a mellorar a competitividade dos comercios da demarcación cameral de Santiago a través de diagnósticos individualizados e informes de recomendacións de mellora para que os locais comerciais poidan asumir as metodoloxías e solucións e incrementar a súa situación competitiva. O orzamento total para a realización dos diagnósticos é de 34.502 euros.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o 29 de setembro e estará aberto ata o 31 de outubro. Estas solicitudes poderán presentarse de forma presencial na sede da Cámara de Santiago (rúa San Pedro de Mezonzo, 44, baixo) ou enviando a documentación por correo postal certificado e con acuse de recibo.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)