Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O primeiro ordenador “todo en un” táctil deseñado en España nace na Tecnópole



REDACCIÓN · PUBLICADO O 21 DE SETEMBRO DE 2017 · (0)



O novo producto portable e convertible de Primux, caracterizado por ter integrada na carcasa da súa pantalla todos os circuitos que o fan funcionar, sae ao mercado nos vindeiros días a un prezo inferior a 300 euros.


Este ordenador “todo en un” (coñecidos no mercado do sector pola súa denominación en inglés, “all in one”) componse de pantalla, teclado e rato, cun deseño lixeiro que permite movelo con facilidade dun lugar a outro da oficina ou do fogar. O modelo de Primux, empresa tecnolóxica que concibiu este novo produto no seu centro de I+D do Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole (Ourense), permite converter o ordenador nunha tablet cun simple xiro de man e conta cunha batería que permite usalo sen conexión eléctrica, dotada dunha autonomía de entre seis e sete horas en modo de reprodución de vídeos. Cun prezo final de 299 euros, estará á venda a finais de setembro.

Pensamos que é un equipo moi versátil. Por unha parte, é perfecto para oficinas con pouco espazo e necesidade de que o persoal circule, con todas as prestacións dun ordenador de sobremesa”, explica Daniel Rodríguez, CEO de Primux. “Por outro, no ámbito doméstico adáptase ás necesidades de cada membro da familia, facilita o control parental ao poder transportalo facilmente e permite, por exemplo, colocalo no medio da mesa a modo de tablet para xogar xuntos”.

Aos 10 anos de experiencia que atesoura Primux desenvolvendo tecnoloxía de consumo, a empresa galega suma de novo para este proxecto o apoio de dous xigantes do sector: Intel® e Microsoft. “Integra unha pantalla de 17,3 polgadas con gran resolución gráfica e soporta a instalación de discos duros sólidos de gran capacidade”, detalla Rodríguez, que destaca tamén o deseño ultralixeiro e a resistencia dos materiais de fabricación.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)