Publicidade

Cluster


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

11 grandes multinacionais contarán as claves do seu éxito ás pemes de Vigo



REDACCIÓN · PUBLICADO O 03 DE OUTUBRO DE 2017 · (0)



AXA, Ecoembes, Endesa, JCDecaux, Mercedes-Benz Vans, Páxinas Amarelas, Nortempo, Santander, Vodafone, American Express e UniversalPay. Será unha xornada de dúas horas coas mellores ideas o mércores 11 de outubro no Museo de Arte Contemporánea de Vigo. Xa está prevista a asistencia de preto de 200 empresas galegas.


Abel Caballero, alcalde de Vigo; e Jorge Cebreiros, presidente de CEP, inaugurarán o encontro do movemento Impulsando Pemes, promovido por 13 compañías e coa colaboración de CEPYME. Trata de axudar a modernizar a empresas pequenas a partir das mellores ideas de grandes compañías que tamén foron pemes.

Porfesionais destas coñecidas firmas abordarán cuestións de interese para calquera xestores axudándolles a identificar as claves do éxito, como: a dixitalización, o aforro e a xestión eficiente da enerxía, a apertura de mercados internacionais, a prevención de ciberriscos, a xestión intelixente de frotas, a sustentabilidade e xestión de residuos, e as oportunidades que ofrece o uso avanzado dos novos medios de pago.

Tamén farase entrega a dúas empresas galegas (aínda por coñecer) do Premio Vodafone á Transformación e do Premio Endesa á Eficiencia Enerxética.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)