Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Televés investirá 23 millóns de euros en catro anos para ser Industria 4.0



REDACCIÓN · PUBLICADO O 03 DE OUTUBRO DE 2017 · (0)



A empresa compostelá de telecomunicacións asegura que comeza a “afundar nunha revolución” que, entre outras cousas, suporá crear 120 novos postos. En xuño xa anunciárase que PSA Citroën Vigo e a firma tecnolóxica eran as primeiras en subirse ao plan autonómico de captación de investimentos para a industria 4.0.


O proxecto implica un notable compromiso para as empresas que integran Televés. Corp4Future incide na mellora de procesos produtivos e eficiencia loxística con novas tecnoloxías e métodos de fabricación como a realidade aumentada, a robótica colaborativa, Internet das Cousas (IoT).

A robótica colaborativa, por exemplo, permitirá que máquinas e operarios traballen simultaneamente nunha mesma tarefa e a realidade aumentada facilitará que os operarios interactúen cos robots a través de interfaces físicos. Na empresa aseguran que “todo isto fortalecerá a nosa capacidade para manter o liderado nos mercados tradicionais e mellorar en ámbitos novos, como servizos sociosanitarios, smart cities e aeronáutica”. Con este plan a compañía pretende, en resumo, avanzar en produtos baseados nas novas tecnoloxías que lle permitan explorar a realidade aumentada, a robótica colaborativa e novos métodos de fabricación de placas impresas.

Os obxectivos

  1. Apertura de novos mercados como comunicacións 5G e aeroespacial e consolidación dos tradicionais, principalmente difusión multimedia e equipamento de medida.
  2. Mellora dos sistemas de información e da comunicación entre a corporación e os clientes, de forma que se poida ofrecer un produto máis personalizado e flexible.
  3. Mellora dos procesos produtivos con realidade aumentada, robótica colaborativa e novos métodos de fabricación, de modo que se mellore a produtividade.
  4. Desenvolvemento dun prototipo global que sirva como demostrador das novas capacidades adquiridas e do paradigma de Industria 4.0, así como a avaliación da mellora de procesos.

En xuño anunciárase que PSA Citroën en Vigo e a firma tecnolóxica compostelá copaban o investimento conxunto de 168 millóns de euros da Xunta para Industria 4.0  seleccionadas tras un proceso de consulta ao mercado e unha convocatoria pública en concorrencia competitiva, segundo o presidente autonómico. En termos laborais implica crear ou manter uns 600 empregos, segundo as condicións á que se axustou a subvención pública.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)