Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Os avogados coruñeses volven contar con facilidades económicas de Abanca



REDACCIÓN · PUBLICADO O 04 DE OUTUBRO DE 2017 · (0)



O decano do Colexio de Avogados da Coruña, Augusto Pérez-Cepeda, e o director territorial da entidade financeira, Gerardo Fuertes, asinaron este acordo que aplica estas condicións aos letrados por segundo ano consecutivo.


Mediante este convenio, que se renova tras a boa aceptación que tivo dende que en 2016 se vén aplicando, Abanca ofrece aos avogados colexiados diferentes condicións económicas para o desenvolvemento da súa profesión. No transcurso do acto no que se asinou a renovación, o decano coruñés agradeceu á entidade financeira esta colaboración “polas facilidades que ofrece aos avogados para o desenvolvemento da nosa profesión, xa que son moitos os investimentos diarios e gastos aos que temos que facer fronte”. Ademais, indicou que non son moitos os colexios de avogados que ofrecen estes servizos aos seus colexiados.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)