Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Os instaladores electricistas e de telecomunicacións de Lugo recíclanse



REDACCIÓN · PUBLICADO O 04 DE OUTUBRO DE 2017 · (0)



Apiel reuniu onte na sede da CEL aos instaladores pertencentes á rede de Fenie Energía nunha xornada de reciclaxe profesional que busca manterlles puntualmente informados das novidades do sector.


O encontro, que contou coas achegas do técnico de formación de Fenie Energía Miguel Bringas e reuniu a unha vintena de axentes, pretende coidar a reciclaxe profesional continua dos seus instaladores con información concreta de cambios no mercado da enerxía eléctrica ou de produtos novidosos que faciliten unha mellor atención aos seus clientes.

Entre as liñas de asesoramento que traballan os axentes de Fenie Energía atópase a de ofrecer solucións que faciliten o aforro enerxético no fogar, negocio ou industria. Unha vez máis, por tanto, prestouse especial atención á “mobilidade eléctrica”, de forma que os instaladores lugueses poidan asesorar puntualmente aos seus clientes sobre vehículos eléctricos ou instalacións de puntos de recarga.

Como novidade este ano, no marco da xornada profesional analizouse o Real Decreto 900/2015, de 9 de outubro, polo que se regulan as condicións administrativas, técnicas e económicas das modalidades de subministro de enerxía eléctrica con autoconsumo e de produción con autoconsumo, e como foi a experiencia durante estes dous primeiros anos de vixencia desta normativa. Así, tratouse de formar aos axentes no coñecemento deste marco normativo, de forma que saiban asesorar correctamente aos clientes neste tipo de instalacións, que dende Fenie Energía consideran con moito potencial.

Neste sentido, aclaráronse dúbidas de tramitación e, en especial, unha falsa crenza moi extendida en relación ao famoso “imposto do sol”, que paraliza a algunhas persoas interesadas neste tipo de instalacións porque pensan que “están prohibidas” ou non son viables pola súa causa. Miguel Bringas aclara que “as instalacións para autoconsumo para vivendas de menos de 10 kW, que son as máis habituais, en principio –de forma transitoria– están exentas desta carga fiscal”.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)