Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Os problemas dunha empresa infrasegurada



REDACCIÓN · PUBLICADO O 04 DE OUTUBRO DE 2017 · (0)



É o que acontece cando o importe da suma asegurada resulta inferior ao valor do interese. A incorrecta valoración dos activos da empresa ocorre porque as estas adoitan ter unicamente en conta os datos contables para realizar os cálculos.


Desde a súa experiencia como peritos, Roberto de la Prieta Saborido e Román Bueres Pérez, Director Setentrional e da Delegación de Galicia de Addvalora Global Loss Adjusters; afirmaron este luns 2 de outubro nunha nova sesión dos Diálogos 2020 na Coruña que “estamos atopando buracos na valoración do continente moi elevados”.

Os expertos explicaron por que motivos dáse esta situación: derívase fundamentalmente dunha mala xestión de riscos que provoca que a empresa, cando contrata o seguro de danos propios, proporciona uns datos irreais para calcular o valor do interese asegurado. Concluíron que “á hora de contratar un seguro de danos propios hase de realizar unha correcta valoración dos activos da empresa que permita determinar correctamente os capitais asegurados. Os datos contables infravaloran debido a que adoitan reflectir, en cumprimento das normas de contabilidade, o máis baixo dos valores posibles que poderían ter eses activos”.

Posibles solucións

En primeiro lugar, indicaron que “a opción máis efectiva é realizar un estudo que determine o valor de reposición a novo da empresa dado que este valor será o valor asegurado”. Segundo os expertos, “este estudo é unha tarefa complexa e custosa polo que moitas pequenas e medianas empresas son reticentes a acceder e custear o gasto do mesmo”. Por este motivo, aclararon que outro mecanismo para realizar unha valoración real é solicitar os datos correctos: as contas anuais e o inventario de existencias: o traballo máis arduo é depurar o listados de activos da empresa para definir que é asegurable e que non. Para ambos, “estes dous datos son fundamentais, proporcionan unha imaxe moi aproximada do valor da empresa. En concreto compara o valor neto anual que ofrecen as contas coa suma asegurada é unha excelente maneira de comprobar o desfasamento existente. Se ambas as cifras son similares é que algo se fixo mal e a empresa corre grave perigo”.

Quenda de debate

Tras as intervencións iniciouse o debate entre os asistentes e sinaláronse cales son os datos que han de terse en conta á hora de calcular canto custa repoñer a novo un edificio: prezo de edificación do metro cadrado, calidades de construción, accesos, urbanización.... Con estes datos hase de calcular o prezo teórico de reposición a novo e é este prezo teórico o que ha de ser asegurado. Tal e como afirmaron os expertos, “utilizando o prezo teórico evitaremos unha situación de infraseguro”.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)