Publicidade

Cluster


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O epicentro da agroalimentación, a biomasa e a biotecnoloxía galegas



REDACCIÓN · PUBLICADO O 04 DE OUTUBRO DE 2017 · (0)



Estará os días 26 e 27 de outubro en Tecnópole, onde organizarase o II Encontro Agrobiotech Innovación, con mostra de produtos, ponencias e mesas redondas sobre bioeconomía, compra pública innovadora e industria 4.0.


A inscrición é gratuíta, está aberta en www.agrobiotechinnovacion.gal e espérase que sea moi alta, xa que na pasada edición de 2015 (na imaxe, un dos relatores) reunironse máis de 200 empresas nun evento deseñado para abrir novas oportunidades de negocio. A primeira tivo, segundo os organizadores, “un alto índice de satisfacción” e este ano consolídase a súa periodicidade bienal.

O evento está deseñado para xerar novas oportunidades de negocio a través da captación de clientes, o contacto con provedores, a apertura de novos mercados, a identificación de socios comerciais, financeiros ou industriais e o acceso a información sobre as prioridades e necesidades da Administración galega.

O eixo central do programa son un conxunto de relatorios, mesas redondas e obradoiros sectoriais de carácter práctico a cargo de expertos. Abordaranse tendencias emerxentes que supoñen a apertura de novas oportunidades como son a bioeconomía, a compra pública innovadora e a industria 4.0. Unha grande área de exposición gratuíta permitirá a empresas e profesionais mostrar produtos e realizar presentacións e demostracións. De xeito complementario, habilitarase un espazo de networking. Ademais programarase unha axenda de reunións "one to one", que serán xestionadas con antelación.

Os destinatarios

Son empresas demandantes ou ofertantes de produtos, servizos ou tecnoloxía nestes tres sectores, institucións con intereses neles e clústers, asociacións empresariais e centros tecnolóxicos. O encontro é unha acción do Programa Agrobiotech Innovación, promovido pola Xunta a través da Axencia Galega de Innovación (Gain) e Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole. En paralelo continúa o programa de aceleración no que participan dez empresas e que inclúe sesións de formación abertas sobre transformación dixital para empresas do sector agrobiotech e internacionalización.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)