Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O IX Coloquio Ibérico Internacional de Cooperativismo e Economía Social reúne en Santiago a expertos lusos e españoles



REDACCIÓN · PUBLICADO O 05 DE OUTUBRO DE 2017 · (0)



A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago acolle hoxe e mñá este encontro, que se celebra baixo o lema de “Economía social e globalización: novos desafíos, novas oportunidades”.


O simposio, no que se abordará a relación da economía social e o cooperativismo con eidos como a cooperación ao desenvolvemento, o emprego, a igualdade de xénero, a xestión de servizos públicos, a economía dixital, o medio ambiente e a calidade de vida ou a gobernanza, está organizado por Ciriec España, Centro internacional de investigación e información sobre a economía pública, social e cooperativa; Ciriec Portugal, e Cecoop, Centro de estudos cooperativos da Universidade de Santiago; e conta coa colaboración da Xunta.

O seu programa iníciase ás 11.30 horas coa inauguración e presentación a cargo de Emilia Vázquez Rozas, decana da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais; Adoración Mozas, presidenta de Ciriec España; Jorge de Sá, presidente de Ciriec Portugal; Eduardo Graça, presidente de Cases Portugal, e Manuel Botana, presidente de Cecoop.

Ademais, realizaranse tres sesións e dúas mesas redondas e presentaranse 62 comunicacións. O coloquio espertou un notable interese e trae a Compostela a profesores de distintas universidades lusas e españolas. A celebración do coloquio na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago forma parte do programa que conmemora os 50 anos dende a inauguración do centro e o comezo dos estudos en economía e empresa en Galicia.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)