Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

España é o terceiro país da UE con máis poboación maior de 80 anos



REDACCIÓN · PUBLICADO O 06 DE OUTUBRO DE 2017 · (0)



Durante os últimos anos continuou o proceso de envellecemento paulatino da poboación nos países da UE e, en consecuencia, a presión sobre os sistemas de pensións e sanitarios. Se en 2006 un 4,1% da poboación tiña máis de 80 anos, en 2016 a taxa subiu a un 5,4%.


Os tres países coa maior proporción de persoas con idades superiores aos 80 anos están situados no sur de Europa. Trátase de Italia, Grecia e España. O país trasalpino ocupa o primeiro lugar cun 6,7% e Grecia o segundo cun 6,5%. En España, as persoas maiores de 80 anos supoñían un 3,6% da población no ano 2000, pasando a un 6% en 2016.

Francia e Portugal comparten un 5,9%, mentres que Alemaña rexistra un 5,8% e Bélxica un 5,5%. Os restantes países da UE xa se sitúan por debaixo da media da UE, con Lituania, Finlandia, Estonia, Suecia, Austria, Letonia e Eslovenia na contorna do 5% ou levemente por riba. O Reino Unido rexistra un 4,8%, os Países Baixos un 4,4% e Dinamarca un 4,3%. Entre os membros da UE con menor proporción de poboación maior de 80 anos están Chipre e Eslovaquia, pero sobre todo Irlanda cun 3,1%, que rexistra a taxa máis baixa.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)