Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Claves para a captación do turista internacional



REDACCIÓN · PUBLICADO O 06 DE OUTUBRO DE 2017 · (0)



Profesionais do sector turístico participaron onte nun seminario sobre a comercialización internacional de produtos turísticos dentro do terceiro Plan de Formación promovido polo Clúster Turismo de Galicia.


A captación do turista internacional require de canles de comercialización sólidos e produtos deseñados especificamente para cada mercado objetivo. Baixo esta premisa, este taller de internacionalización pretende dar a coñecer aos profesionais participantes as principais técnicas de comercialización internacional de produtos turísticos, como seleccionar os mercados obxectivos e as canles a través das que acceder a eses mercados exteriores para potenciar e mellorar a competitividade das súas empresas.

Iñaki Gaztelumendi, experto do sector turístico, consultor da Organización Mundial do Turismo (OMT) no eido do turismo gastronómico e asesor do Basque Culinary Centre, encargouse de impartir o seminario, que se desenvolveu ao longo de oito horas, en horario de mañá e tarde, dentro do Plan de Formación do Clúster Turismo de Galicia, un programa que consta de preto de 300 horas formativas repartidas en diferentes seminarios, talleres e cursos que se están impartindo en localidades das catro provincias galegas.

Todas as actividades que se desenvolven dentro deste plan de formación teñen en común o seu carácter presencial e gratuíto. Os profesionais interesados poden consultar o contido deste programa e do resto das actividades incluídas no calendario formativo a través da web www.iffe.es/turismo. Organizada por IFFE Business School, a actividade de onte desenvolveuse no Pazo de Las Cadenas, en Oleiros, sede da escola de negocios.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)