Publicidade

Cluster


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Os produtores de carne de vacún analizan o seu horizonte en Santiago



REDACCIÓN · PUBLICADO O 06 DE OUTUBRO DE 2017 · (0)



As novas demandas sociais centraron esta importante cita da Asociación Española de Produtores de Vacún de Carne, que foi onte en Compostela.  Partiuse da base de que o consumidor está cada vez máis afastado do mundo rural e descoñece a maneira en que se produce esta carne.


A cita contou coa conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez; co presidente de ASOPROVAC, Alberto Juanola, e co presidente do Consello Regulador das IGP de Carne de Vacún de Galicia, Jesús González. Estivo precedida pola Asemblea Xeral, que reuniu a ducias de profesionais no Hostal dos Reis Católicos.

González Vázquez insistiu especialmente en que o futuro do sector pasa “por traballar xuntos todos os axentes e definir fortalezas e debilidades para detectar oportunidades”. Partiuse da base de que o consumidor está cada vez máis afastado do mundo rural, as diverxencias entre o que demanda o cidadán e o seu comportamento como consumidor demóstrano. Por iso os profesionais do sector coidan que o seu futuro pasa por analizar, anticipar e integrar estas demandas na cadea e nas estratexias de comunicación. Os retos? cambio climático, sanidade, internacionalización e o impacto dos acordos comerciais internacionais que se están negociando coa Unión Europea (UE).

O director de AGROPOPULAR e AGROEUROPA, César Lumbreras, analizou os resultados da consulta da PAC e os posibles escenarios que se poden esperar de fronte ao 2020. Lumbreras deixou claro que o futuro da PAC “aínda está no aire”, non se poden “facer conxecturas sobre a próxima reforma debido a que depende do financiamento que se destine ao sector e é algo que ata 2020 non poderemos saber”. Con todo ten claro que no orzamento da nova PAC influirán o resultado das negociacións do Brexit, “o feito de que os Estados membros non queiran ampliar a cantidade que achegan ao orzamento comunitario e que haxa outras necesidades financeiras que liquidar”. Indicou tamén que as axudas da nova PAC poderían estar ligadas ás accións encamiñadas a reforzar o respecto ao medio ambiente e a colaboración contra o cambio climático. E insistiu na necesidade de que o sector reforce a súa imaxe en positivo.

Mesa redonda

Os socios de ASOPROVAC e asistentes á xornada, mantiveren despois un intenso debate no que participaron a directora da Fundación Empresa & Clima, Elvira Carles; o director técnico de Veterindustria, Pablo Hervas, o director de Provacuno, Javier Lopez, ademais de César Lumbreras.

Analizáronse os diferentes aspectos que centrarán a produción de vacún de carne nos próximos anos. Segundo as palabras de Veterindustria débese avanzar cara a un uso máis prudente de antimicrobianos para o que haberá que establecer melloras nos procesos de produción e instalacións e menores emisións pero, segundo Carles, o sector tamén debe adaptarse a un cambio climático que xa é unha realidade e que incidirá na sustentabilidade ambiental, económica e social. O director de PROVACUNO, Javier López, citou as principais liñas de traballo da interprofesión e animou ao sector para anticiparse ás demandas da sociedade.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)