Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

PuntoGal celebra os corenta anos do Museo do Pobo Galego



REDACCIÓN · PUBLICADO O 06 DE OUTUBRO DE 2017 · (0)



O museo cumpre o 29 de outubro catro décadas e a achega da asociación a este efeméride será unha oferta no prezo dos dominios durante a primeira quincena do mes de novembro,  divulgar na súa web e nas redes sociais as actividades que realice o Museo, e repasar os seus fitos.


Os termos da colaboración están recollidos no convenio asinado onte á mañá entre os presidentes das dúas institucións. A iniciativa supón que o prezo dos dominios baixe ata os 25 euros + ive e realizará outra oferta para a compra de dominios para todos os socios e socias do museo, que recibirán información nunha comunicación persoal.

Ademais dos descontos, PuntoGal aproveitará para lembrar os momentos máis relevantes da historia dun dos buques insignia museísticos galegos que ocupa o antigo mosteiro de San Domingos de Bonaval. O presidente do padroado do Museo, Justo Beramendi, salientou que “este convenio sintoniza á perfección coa razón de ser do museo que é fortalecer as raíces sociais da identidade propia de Galicia”. Manuel González, coordinador científico do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, é quen preside a Asociación PuntoGal, unha entidade sen ánimo de lucro constituída por entidades de todos os ámbitos da sociedade galega, e responsable da xestión do dominio .gal. Cando naceu decidiuse que os ingresos producidos pola xestión do rexistro foran ao mantemento do dominio e, no caso de producirse beneficios, reinvestidos en fomentar a lingua e a cultura galegas no ámbito das novas tecnoloxías.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)