Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

“Desata tu éxito”



REDACCIÓN · PUBLICADO O 06 DE OUTUBRO DE 2017 · (0)



Victor Martín lidera as vendas en Amazon dende o día que sacou o seu último libro á venda. O barcelonés é das persoas máis influintes en social media e cunha das marcas persoais máis sólidas, ensina como auditar a súa vida e a deseñar unha nova.


O libro "Lidera vendas", tanto na versión dixital como en papel, desbanca no ranking a escritores como Ken Follet. O traballo resume hábitos para aprender a xestionar o tempo, técnicas para evitar a fatiga mental e o cansazo, como tomar decisións adecuadas, delegar, follas de planificación, establecer tarefas prioritarias, lidar con distraccións, manter a motivación, aprender a dicir non e establecer boas rutinas para a vida e o traballo.   

Víctor Martín é coñecido polo seu “lifestyle”. Non adapta a súa vida a emprender, senón ao revés. A súa peculiar forma de ser e como foi quen de encaixar as pezas xera curiosidade: durmir só 4,5 horas ao día, tomar un café cun aceite especial e deixar de comer despois 16 horas, usar unha diadema que lle mide as pulsacións cando medita... Sexa cales sexan os seus usos o caso é que o que aconsella funciona: é speaker en charlas e congresos de social media, o blogging, emprendemento e márketing online; autor do podcast The Success Academy (un dos máis escoitados en iTunes con máis dun millón de reproducións), e creador do evento Social Media Care. Compaxina o seu traballo na axencia Young Media (que fundou con 24 anos), co seu blogue victormartinp.com.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)