Publicidade

Cluster


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Empresas e Igape reclaman a plena incorporación da tecnoloxía na industria galega



REDACCIÓN · PUBLICADO O 06 DE OUTUBRO DE 2017 · (0)



A falta de recursos que evidenciou a crise fai necesaria unha aposta pola industria 4.0, a chamada cuarta revolución industrial que axude ás empresas desta comunidade autónoma a ser máis competitivas acurtando os procesos de produción.


130 empresas relacionadas co sector industrial galego reuníronse esta mañá no Gaiás para avanzar na carreira cara á industria 4.0 nunha xornada organizada por AJE Vigo e o Igape, na que empresas e administración autonómica coincidiron na urxencia da plena incorporación da tecnoloxía nos procesos industriais. Trátase dun obxectivo primordial na que se veu chamar a cuarta revolución industrial, á que se vén obrigadas ás empresas xa que, segundo o presidente de AJE Vigo, Alejandro Cabo, deeben ser máis competitivas pese a contar con menos recursos.

Neste cambio, o representante dos mozos empresarios vigueses considera fundamental a implantación da tecnoloxía para axudar a acurtar os procesos, unha idea que coincide coa de Norberto Penedo, director da área de Competitividade do Igape, de que a industria galega non só debe ser usuaria da tecnoloxía, senón tamén xeradora dela neste cambio de escenario. Neste sentido, alentou a emprender un proceso de hibridación no que os sectores emerxentes industriais de Galicia, formados por mozos, deben nutrir aos máis tradicionais. Desta forma, encontros como o celebrado hoxe na Cidade da Cultura propician este intercambio necesario para facer á industria galega competitiva neste novo escenario.

Entre os procesos tecnolóxicos que debe incorporar a industria galega, Jorge Duel, da empresa Unify, refiriuse a como debe ser o posto virtual do traballador actual. Puxo como exemplo a aplicación Circuit, unha plataforma que ofrece solucións en canto a redes, teléfonos fixo e móbil, e intranet, e todo iso aplicándoo 100% na nube e aberto a todos os navegadores e dispositivos.

Entre un 12% e un 17%

Enrique Mallón, secretario xeral de Asime, presentou, pola súa banda, diferentes proxectos vinculados á industria 4.0 e liderados dende a súa asociación, unha organización que representa á industria do metal. Unha destas iniciativas é a que dará formación a 400 persoas en robótica ou big data achegando ao mercado laboral galego emprego cualificado. Trátase do proxecto formativo máis ambicioso da economía dixital, que desenvolverá esta agrupación xunto co Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital. No seu subsector, Mallón cifrou entre un 12% e un 17% as empresas que xa aplican os procesos da industria 4.0.

A xornada celebrada hoxe na Cidade da Cultura resultou un éxito para as empresas participantes. A fórmula elixida para desenvolvela, o speednetworking que amosa a imaxe, permitiu que cada empresa realizase co resto entrevistas de dous minutos de duración, axilizando a participación e os acuerdos comerciais. 



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)