Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Premio para escritores en galego menores de 35



REDACCIÓN · PUBLICADO O 09 DE OUTUBRO DE 2017 · (0)



Xa está aberta a convocatoria do recén creado "Illa Nova de Narrativa". Ata o 15 de xaneiro de 2018 e para autores e autoras cunha novela ou relatos inéditos. O gañador levará 3.000 euros e a obra será publicada na colección Literaria da Editorial Galaxia.


O fallo darase a coñecer no mes de marzo en Vigo. Xohana Torres, Méndez Ferrín, Bernardino Graña, Camilo Gonsar, María Xosé Queizán ou Carlos Casares foron algúns deses novos valores que publicaron na colección onde saíron algunhas das principais obras da “Nova Narrativa Galega”.

O 12 de xaneiro de 1957 Xaime Isla Couto, Ramón Otero Pedrayo, Ramón Piñeiro, Domingo García-Sabell e Francisco Fernández del Riego reunían aos novos valores da literatura galega en Compostela para presentar a colección Illa Nova. Naquela xuntanza estaban Xosé Luís Méndez Ferrín, X. L. Franco Grande ou Xosé Manuel Beiras para celebrar unha nova canle expresiva.

Con esta mesma finalidade de abrir un camiño a quen está comezando no mundo da creación literaria, nace en 2016 o Premio Illa Nova de Narrativa, recuperando 60 anos despois o espírito de dar voz ás xeración máis novas e estimular a creación. Un ideal que a Editorial Galaxia buscar manter agora que se convoca a segunda edición despois do éxito da novela gañadora na anterior convocatoria: A vida sinxela de Marcelo Firmamento de Vanesa Santiago (Fontán, 1983).



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)