Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A redución de custos de oficina é a prioridade para o 54 % das empresas españolas



REDACCIÓN · PUBLICADO O 09 DE OUTUBRO DE 2017 · (0)



Xeralmente, son as grandes empresas as que adoitan investir máis recursos no uso e mantemento de espazos de traballo que non utilizan de maneira eficiente, pero esta preocupación afecta a entidades de todos os tamaños.


As empresas españolas están cambiando profundamente a súa forma de traballar, apostando por modelos de negocio que contan cunha estrutura de custos máis flexible. Segundo o último estudo de Regus, máis da metade das empresas deste país ten como máxima prioridade para o próximo ano reducir os custos fixos de oficina. O traballo, realizado entre máis de 390 empresarios de toda España, demostra que a tendencia a flexibilizar o espazo de traballo está en auxe.

Aproximadamente unha terceira parte das compañías que foron entrevistadas (35%) espera ver a todo tipo de empresas optar por contratos de arrendamento flexibles, en lugar de polos convencionais alugueres a prazo fixo. Os contratos de aluguer atan ás empresas a espazos de traballo que poden non adaptarse ás súas novas necesidades e, na transición cara a flexibilidade laboral na que nos atopamos, cómpre dar con espazos que se poidan aproveitar ao máximo. Segundo este estudo, o 33% das compañías espera que o vindeiro ano os seus traballadores esixan traballar máis preto de casa. Esta previsión está levando a moitas empresas a elixir espazos de traballo que se adapten ás novas necesidades do persoal.

O estudo revela outros datos de gran relevancia, como que o 38% dos entrevistados espera que o aumento da flexibilidade laboral afecte especialmente ás pequenas empresas. Do mesmo modo, o 38% afirma que a busca dunha maior axilidade é un dos principais factores impulsores da flexibilidade laboral, mentres que o 35% destaca a vontade de evitar o aluguer a prazo fixo, que dificulta a rápida expansión e contracción das empresas.

Rapidez de resposta

Philippe Jiménez, director xeral de Regus en España, Costa de Marfil e Senegal, explica: “O espazo de traballo como servizo permite ás empresas responder ás novas necesidades de forma cómoda e económica. Ás empresas pequenas e ás que están en proceso de expansión lles conveñen máis os espazos de traballo flexibles que as oficinas fixas, que poden non satisfacer as súas necesidades no futuro. Esa flexibilidade permítelles incorporar persoal rapidamente en caso necesario ou reducir o cadro de persoal sen acabar tendo espazo desocupado”.

Nunha contorna empresarial que evoluciona rapidamente, unha empresa de calquera tamaño pode dispoñer dunha alternativa á tradicional oficina central fixa. Segundo afirma Philippe Jiménez, “en contra do que moitos poidan pensar, este modelo de negocio tamén serve para empresas máis afianzadas, xa que cando ten que facer fronte a presións inesperadas, poden beneficiarse da axilidade que proporciona o espazo de traballo como servizo.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)