Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

José María Paz Gago, novo presidente da Federación Latinoamericana de Semiótica



REDACCIÓN · PUBLICADO O 09 DE OUTUBRO DE 2017 · (0)



O catedrático da Universidade da Coruña e profesor na Facultade de Filoloxía da área de Teoría da Literatura, preside agora a  FELS, fundada hai trinta anos na Maison de l’Amérique Latine de París e que agrupa a investigadores de quince países iberoamericanos xunto con Portugal, España e Italia.


A FELS renovou o seu comité directivo durante a Asemblea Xeral que tivo lugar a pasada semana en Bogotá. O ourensán preside un equipo con representantes de Perú, Colombia, Puerto Rico, México, Venezuela, Arxentina e Brasil, ata o congreso que se desenvolverá en Lima en 2020.

Paz Gago naceu en Celanova e percorreu o mundo como profesor visitante e conferenciante en Universidades de catro continentes, desde Costa do Marfil e Tunes a México, Estados Unidos, Colombia ou Arxentina, desde París ou Venecia a Chisinau ou Nanjing. Autor de numerosas obras académicas e presente en numerosas Antoloxías, na súa obra de creación destacan tamén poemarios traducidos a unha decena de linguas.

 



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)