Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O sector do ‘retail’ e ‘contract’ de Galicia reúnese mañá en Santiago



REDACCIÓN · PUBLICADO O 10 DE OUTUBRO DE 2017 · (0)



O Centro de Innovación Cultural da Cidade da Cultura acolle o I Foro Retail Galicia. Incoga Inspira, un encontro que reunirá a arquitectos, deseñadores e construtores con outros profesionais deste sector.


Organizado por Incoga Smart Building, o encontro leva por título O retail dos cinco sentidos”, e será clausurado polo conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde. Con is de 8.000 proxectos chave en man en máis de 600 cidades de todo o mundo, Galicia sitúase como un referente internacional na industria do retail e contract. Arquitectos, deseñadores, construtores e máis de 100 empresas cooperan para conseguir a excelencia e a innovación.

Na primeira edición deste foro analizarase a folla de ruta que debe seguir a superficie de venda física para adaptarse ás tendencias actuais e potenciar o seu valor diferencial mediante un proceso de compra experiencial. O encontro contará coas presentacións de oito relatores de primeiro nivel, creadores de experiencias de marca en retail e contract.

O I Foro Retail Galicia. Incoga Inspira comezará ás 9.30 horas coa presentación do encontro, acto ao que seguirá o relatorio do primeiro bloque, que correrá a cargo do estudo de arquitectura Teresa Sapey. Ás 10.10, a compañía inmobiliaria Merlin Properties será a que intervirá no segundo bloque sobre a xestión de activos, e a multinacional construtora Incoga a que protagonice o terceiro bloque ás 10.40 como empresa de construción retail. As firmas Adolfo Domínguez, Food Box e CaixaBank tamén exporán as súas experiencias a partir das 11.20 horas como empresas de retail, mentres que Alve Iluminación, Aluman e Trison falarán ás 12.40 sobre deseño contract. A clausura está prevista para as 13.05 horas.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)