Publicidade

Cluster


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Gadis e Paideia fomentan o acceso laboral de persoas con diversidade funcional



REDACCIÓN · PUBLICADO O 10 DE OUTUBRO DE 2017 · (0)



A empresa distribuidora e a fundación colaboran na realización dun curso de auxiliar de frescos dirixido a dez beneficiarios do proxecto Antear que desenvolve esta última. Destes participantes, varios accederán farán prácticas e poderán incorporarse ao cadro de persoal.


O curso, que se desenvolve no marco do programa de Responsabilidade Social Corporativa da compañía distribuidora, reforza o seu compromiso coa formación e o acceso ao emprego de persoas con diversidad funcional. Cunha duración de 36 horas, esta actividade desenvolveuse entre o 25 de setembro e o 5 de outubro nas instalacións da central de Gadis, en Betanzos.

Durante a formación, a cargo de profesionais da empresa, transmitiuse a cultura da compañía e se abordaron temas como a prevención de riscos laboraies, a atención ao cliente, a manipulación de alimentos, a atención e a xestión da caixa rexistradora, e a atención e o servizo nas seccións de chacinaría e froitaría. O produto utilizado durante o curso foi doado á casa Hogar Refugio.

O obxectivo é que varios alumnos se incorporen a un período de prácticas en establecementos de Gadis como paso previo á súa posible incorporación ao cadro de persoal. Na actualidade, a compañía da emprego a sete beneficiarios do proxecto Antear como parte dunha colaboración con máis de 15 anos de traxectoria, na que se inscribe tamén este curso de auxiliar de frescos.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)