Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Os españois de entre 30 e 40 anos gastan uns 200 euros ao mes en 'e-commerce'



REDACCIÓN · PUBLICADO O 10 DE OUTUBRO DE 2017 · (0)



Priorizan os prazos de entrega por riba da experiencia de compra e a estética da web. Para Nadal o orzamento destes consumidores probablemente duplicarase, ata chegar aos 400 euros.


Segundo unha análise de Octilus.com son tanto homes e mulleres desta franxa de idade os que máis gastan en compras na rede. Philippe Catusse, director xeral da empresa, explica que “o consumidor español adaptouse perfectamente ao modelo de compra online, está ben formado e xa perdeu o medo. Non hai diferenza de sexo e prefiren a comodidade e a rapidez de que se lles envíe o produto sen saír de casa nin percorrer tendas”.

Se hai algo que valore este tipo de consumidor novo e activo é a inmediatez na entrega. Segundo o director dunha das maiores tendas online de España de accesorios de telefonía móbil, trátase dun perfil que non quere esperar máis de 24 horas para recibir o produto. “Este requisito prima mesmo por riba dos métodos de pago ou da usabilidade do e-commerce no que estean a comprar. Fálase moito de fórmulas para optimizar un proceso de compra a través dunha tenda online, por suposto son importantes. Con todo, os usuarios que compran máis de 200 euros ao mes a través de Internet priorizan os prazos de entrega por encima doutras opcións”.

As cifras de vendas dos e-commerce en España non paran de crecer. Aínda queda a campaña máis importante do ano, que é o Nadal. Co black friday darase o pistoletazo de saída a esta campaña na que se espera un aumento das vendas online dun 20% en España. “Este Nadal esperamos barallar unhas cifras record na historia da empresa, xa que o consumidor español xa está moi maduro na contorna online”.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)