Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Para competir con Portugal cómpre ter semellantes condicións



REDACCIÓN · PUBLICADO O 10 DE OUTUBRO DE 2017 · (0)



O 40 % dos economistas galegos considera que a clave para contraatacar a deslocalización da empresa galega é xerar unhas condicións similares ás do mercado luso, aínda que supoña menos recadación fiscal. E o 34% opina que a única medida que se debe adoptar é ofrecer o chan industrial ao mesmo prezo que en Portugal.


Estes datos son os arroxados polo “Barómetro de Economía” realizado polo Consello Galego de Colexios de Economistas no primeiro semestre de 2017. En xeral, a percepción que teñen os economistas respecto da situación da nosa economía mellorou moito. O 49% considéraa mellor.

Os profesionais da Coruña son quen afirma que está mellor (55,1 %), achegándose os colexiados de Pontevedra (50 %). A resposta dos enquisados sobre que a economía galega está peor é moi similar en todas as provincias. Ambas as tendencias acadan niveis máximos e mínimos respectivamente. A valoración dos colexiados que traballan nos sectores construción (54,5%) e servizos (54,1%) é moito máis positiva sobre o contexto actual seguido dos profesionais dedicados á consultoría, banca e seguros. Os máis pesimistas son os traballadores da industria e a Administración Pública. Ningunha provincia, nin Galicia no seu conxunto, conseguen unha valoración superior á obtida para o conxunto de España.

Para os profesionais continúa sendo o principal quebradeiro de cabeza (67%) e rexistra lixeiras diferenzas segundo a provincia de residencia de cada enquisado, cunha maior incidencia para os economistas da Coruña (75%) e Pontevedra (72%). As medidas que reclaman como urxentes para fomentar o emprego, non variaron con respecto a barómetros anteriores: mellorar o sistema educativo coa máis alta valoración (8,6 sobre 10) fronte a (7,9 sobre 10) para a captación estranxeira, e creación de nichos de emprego (7,9 sobre 10).

Outros dos problemas que destacan son a escaseza de crédito (42%), e a inaxeitada dimensión da estrutura das empresas galegas. Con respecto ao minifundismo agrario galego, o 48,6 % dos colexiados consideran que  eben existir grandes masas forestais pero non a través da creación de polígonos forestais, seguidos polo 29,7 % que indican que deben crearse instrumentos similares aos que hai en chan urbano, como polígonos que permitan a concentración de terras.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)