Publicidade

Cluster


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Comeza o Troco2



REDACCIÓN · PUBLICADO O 10 DE OUTUBRO DE 2017 · (0)



A Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa inicia o Mercado Transfronteirizo de Intercambio de Carbono. Esta mañá en Vigo foi a reunión para a posta en marcha dun proxecto (cun custo de case un millón trescentos mil euros) que inclúe certificar a pegada de carbono en empresas de transporte.


Está creado para aumentar a eficiencia dos montes de Galicia-Norte de Portugal coa xestión da capacidade de secuestro de CO2 e a economía baixa en carbono.Terá unha duración de 24 meses e participan a Cámara de Comercio, a Consellería do Medio Rural, a Asociación Provincial de Empresarios de Transportes Discrecionais de Pontevedra (Asetranspo), a Associaçao de Desenvolvimento dá Região do Alto Tâmega (Adrat) e a Comunidade Intermunicipal do Alto Tâmega (CIM AT).

Ao longo de dous anos deberíanse facer estas accións:

Creación de sumidoiro de carbono, actividades para optimizar a xestión e conservación dos bosques de Galicia-Norte de Portugal para e certificalos como sumidoiros de carbono.

Xeración de pegada de carbono, certificar a pegada en empresas do sector transporte mediante a medición dos gases de efecto invernadoiro emitidos directa ou indirectamente.

Compensación da pegada de carbono, creación dun sistema transfronteirizo que permita a toda organización que teña certificada a súa pegada a adquisición dunha cantidade de CO2, xerada nos sumidoiros, equivalente ás emisións de gases de efecto invernadoiro que quere compensar.

O Proxecto, unha vez concluido, espera ter estes resultados:

Ter unha ferramenta de cálculo de sumidoiros de carbono para montes de Galicia-Norte de Portugal e outra de pegada de carbono en empresas de transporte.

Capacitar a axentes forestais na xestión forestal e de sumidoiros de carbono, e a axentes do transporte en certificación de pegada de carbono.

Deseñar e implantar unha Bolsa de intercambio de CO2 transfronteirizo.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)