Publicidade

Cluster


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Aimen dá a coñecer os últimos avances en tecnoloxía láser



REDACCIÓN · PUBLICADO O 11 DE OUTUBRO DE 2017 · (0)



Celebra dende o luns ata o venres a IV Semana Internacional Láser, que reunirá a expertos internacioinais para abordar novidosas tecnoloxías aplicadas á industria 4.0.


O Centro de Aplicacións Láser de Aimen acollerá a vindeira semana este foro no que 34 relatores de toda Europa presentarán os seus avances en equipamento e aplicacións da tecnoloxía láser a nivel industrial. As xornadas contarán coa presenza, como relator invitado, de o doutor Paul Hilton (TWI-Reino Unido), un dos máis prestixiosos expertos europeos en tecnoloxía láser, que explicará como aplicar corte por láser no desmantelamento nuclear. Ademais, Aimen exporá distintos avances realizados con esta tecnoloxía e a súa aplicación en proxectos como ComMUnion, unha iniciativa europea liderada polo centro tecnolóxico galego, que busca deseñar un sistema robotizado de fabricación de compoñentes 3D multi-material para os sectores de automoción e aeronáutico.

A IV Semana Internacional Láser arrincará o luns 16 coa xornada “Solucións de monitorización e control de procesos láser na industria 4.0”, unha sesión que servirá para amosar casos de éxito e solucións relacionadas con tecnoloxías 4.0 no eido do procesado láser da man da firma New Infrared Technologies e de Aimen. A xornada está dirixida a directivos, responsables de enxeñaría, produción, I+D+i, deseño, loxística e sistemas de empresas industriais relacionadas principalmente cos sectores da automoción, naval, metalmecánico, aeronáutico e enerxía.

O martes terá lugar a xornada A tecnoloxía láser e as súas aplicacións industriais”, unha sesión que está dirixida a estudantes dos últimos anos de carreiras universitarias en especialidades técnicas, col obxectivo de ofrecerlles unha primeira toma de contacto con aplicacións reais desta tecnoloxía vangardista para a industria. A xornada completarase cunha visita ao Centro de Aplicacións Láser, na que se realizarán demostracións de distintos procesos.

O mércores celebrarase un curso de Seguridade láser e o workshop H2020 laser manufacturing brokearage event, un taller orientado a investigadores e profesionais de empresas con interese en innovar en tecnoloxgías láser co obxectivo de expoñer ideas novidosas e dinamizar colaboracións en materia de I+D+i a nivel europeo (Horizonte 2020). Agárdase que is de 200 expertos e usuarios industriais de tecnoloxía láser se citen na IV Semana Internacional Láser.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)