Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Kike Piñeiro representa á cociña galega no festival “Bos Aires celebra Galicia”



REDACCIÓN · PUBLICADO O 11 DE OUTUBRO DE 2017 · (0)



O chef barbanzán ofreceu o luns e onte unha mostra de cociña no Club Español de Bos Aires para case 300 persoas que gozaroán coas súas creacións realizadas con produtos galegos, como o queixo San Simón ou os grelos.


Impulsado pola Xunta en colaboración co goberno porteño, Bos Aires celebra Galicia” chegou á súa cuarta edición como unha cita ineludible para os colectivos galegos en Arxentina, que dende o pasado sábado e ata onte amosaron naquela cidade a veciños e turistas a súa cultura, historia e identidade. Durante eses días sucedéronse actividades relacionadas con este festival artístico, cultural e gastronómico a través dun completo programa no que non faltaron nin os produtos nin a gastronomía galega, que nesta edición 2017 correu a cargo de Kike Piñeiro.

Piñeiro foi o responsable da sesión “Obradoiro do Sabores”, que se celebrou o luns e onte no Club Español de Bos Aires, onde se levou a cabo unha mostra de cociña galega que contou coa participación especial do chef porteño orxinario de Lugo Ramiro Rodríguez Pardo. Algo máis de 300 persoas tiveron a oportunidade de degustar algunha das creacións que Kike Piñeiro presentou para a ocasión, entre as que no faltaron produtos galegos de calidade da terra e o mar como o queixo San Simón da Costa con ruxido de grelos de Galicia, mexillóns de Galicia, fabas de Lourenzá, mirabeis en almíbar ou Marrón Glacé, entre outras propostas.

Francisco Kike Piñeiro é un dos chefs propietarios do Restaurante A Horta do Obradoiro de Santiago de Compostela. Premio Nacional de Gastronomía 2011/2012 e responsable gastronómico do World Wine de Amsterdam e World Oil de Madrid dende 2013, a súa cociña caracterízase sempre pola súa honestidade, os seus sabores e a súa aposta polos produtos galegos de calidade.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)