Publicidade

Cluster


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Só dous de cada dez galegos almorzan en condicións



REDACCIÓN · PUBLICADO O 11 DE OUTUBRO DE 2017 · (0)



Se por iso entendemos un almorzo seguindo as recomendacións dos expertos, é dicir: incluíndo un cereal, unha froita e un lácteo. Ovos, froitos secos, hortalizas, peixes e aceite de oliva son benvidos tamén. Pero un 44% dedícalle menos de 10 minutos entre semana, tempo insuficiente.


Habitualmente os galegos almorzamos entre as 6 e as 10 da mañá, no 93% dos casos en casa e o 7% no bar, na cafetería ou na oficina. O 37% facémolo vendo a televisión ou co móbil, sobre todo os máis novos.

En canto as alimentos máis consumidos nesta terra á mañá son infusións (café, té ou outros), lácteos baixos en graxa, o pan (integral ou branco) e zumes naturais e froitas frescas, xa que entre tres de cada dez galegos toman algún destes alimentos. Así o pon de manifesto o “II Estudo Lidl cinco ao día sobre os Hábitos do Almorzo en Galicia”.

Do 77% dos galegos que non toma un almorzo equilibrado, un de cada catro son persoas entre os 18 e 24 anos. Nesta franxa de idade é moi habitual tomar un café só ou con leite como único almorzo ou mesmo saltalo polo menos unha vez á semana, cousa que fan preto da metade dos mozos.  Aínda que tres de cada catro galegos consideran que as froitas frescas deberían formar parte só o 26% consómenas na primeira comida. Algo similar ocorre cos zumes naturais: só un 36% os inclúe.

Cando falamos de nenos e novos, os hábitos son peores. Segundo o estudo de Lidl, as froitas frescas só forman parte do almorzo dun 25% dos nenos galegos. Nestes casos, o almorzo son zumes naturais, bolería industrial, cereais con leite, iogures ou queixos enteiros e, só nalgunhas ocasións, froitas naturais e pan. Tamén cabe alertar de que o 13% dos nenos en Galicia non almorza. Dos que si o fan, o 28% inclúe bolería industrial.

Almorzo contrarreloxo e en solitario

Outro dato para destacar é que máis dun 44% dos galegos dedícanlle menos de 10 minutos entre semana a almorzar, un tempo insuficiente para realizar un completo. De feito, o 21% asegura que soamente almorza café ou un vaso de leite. Iso si, segundo o Estudo Lidl a porcentaxe de persoas que almorzan ben aumenta coa idade, sobre todo a partir dos 45 anos, probablemente pola maior conciencia. A franxa que máis se coida é entre os 55 e os 64 anos.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)