Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Internaco gaña o Premio Peme do Ano da Coruña



REDACCIÓN · PUBLICADO O 18 DE OUTUBRO DE 2017 · (0)



Convocado por todas as cámaras, este corresponde á Cámara de Comercio da Coruña e Compostela xunto co Banco Santander e a colaboración de La Voz de Galicia. Internaco distribúe maquinaria e, coa creación da súa propia marca, Benza, exporta a máis de 50 países. Ten a sede en Ordes e emprega a un centenar de persoas.


O xurado elixiu a Internaco dunha terna de finalistas, nas que se atopaban Obras Civís do Atlántico e o Grupo Iceacsa. Vocación internacional e emprego de calidade son os puntos forte de todas. Miguel López, director financeiro de Internaco, foi o encargado de recibir o galardón de mans do presidente da Cámara, Antonio Couceiro.

Tras recibir o galardón, Miguel López, director financeiro de Internaco, agradeceu o premio e dedicouno aos traballadores da compañía, aos seus mil distribuidores en España e Portugal e aos importadores.

Carlos Tato, director xeral de Obras Civís do Atlántico, e Fernando Illanes, director xeral de Iceacsa, recolleron os seus accésits como finalistas. No acto de entrega tamén estiveron presentes o presidente do xurado do premio e director da Cámara da Coruña, Gonzalo Ortiz; o vicepresidente da Cámara de Santiago, José Luis Rodríguez Dacal; o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso; e a directora territorial de Banco Santander, Rosario García Alonso.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)