Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

As grandes empresas españolas supoñen un 27% do emprego total



REDACCIÓN · PUBLICADO O 19 DE OUTUBRO DE 2017 · (0)



Segundo os datos que ofrece a OCDE na súa recente publicación sobre “Panorama do Emprendemento 2017”, obsérvase a importancia que teñen as grandes compañías no emprego, a pesar de que o tecido empresarial estea dominado por pequenas e medianas empresas.


No conxunto da OCDE, as grandes empresas non chegan nin sequera ao 1% do total de empresas, pero supoñen, en promedio, un 40% do emprego total na industria manufactureira e arredor do 25% no sector servizos. Entre os 31 países que aparecen na comparación da OCDE, a maior proporción de emprego en grandes empresas corresponde a Gran Bretaña cun 46,9%, figurando a continuación Brasil cun 37,9%, Alemaña cun 36,9% e Francia cun 36,7%.

En Dinamarca e Finlandia as grandes empresas supoñen arredor dun 35% do emprego, mentres que nos Países Baixos, Suecia, Noruega e Suiza están sobre un 33%. Polonia e a República Checa superan o 31%, ao tempo que Nova Zelanda, Bélxica e Hungría están preto do 30%. Irlanda rexistra un 27,6% e Eslovenia un 27,3%. En España, as empresas de máis de 250 traballadores realizan unha achega relevante ao emprego, xa que supoñen un 27,1% do emprego total e tan só un 0,12% do total de empresas.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)