Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Aumentan as expectativas e a calidade de vida das mulleres con cancro de mama



REDACCIÓN · PUBLICADO O 19 DE OUTUBRO DE 2017 · (0)



O Centro Integral Oncolóxico Clara Campal HM CIOCC constata o aumento nas expectativas e na calidade de vida das mulleres que padecen cancro de mama. Así o vén de facer público con motivo da celebración hoxe do Día Mundial do Cancro de Mama. 


España alcanza unha das taxas de mortalidade máis baixas da Unión Europea e unha supervivencia global aos 5 anos superior ao 84%. Son datos de HM CIOCC que revelan unha progresión constante positiva a pesar da alta incidencia deste proceso oncolóxico que afecta cada ano en España a 19,5 de cada 100.000 mulleres. Por tanto, “confírmase que é o o tumor máis frecuente na muller española, ao representar o 29% de todas as neoplasias diagnosticadas en mulleres”, indican desde o centro.

As razóns que están detrás desta melloría nas expectativas das pacientes hai que buscalas nos avances no diagnóstico temperán, nos tratamentos de cirurxía e na radioterapia. “A melloría no control locorrexional é un dos aspectos que máis contribuíu ao aumento en supervivencia observado no cancro de mama durante as últimas décadas”, asegura a Dra. Mariola García-Aranda, oncóloga radioterápica especializada no tratamento do cancro de mama e membro da Unidade de Mama de HM CIOCC.

A Dra. García-Aranda asegura que a radioterapia “é un alicerce fundamental no tratamento moderno do cancro de mama, contribuíndo decisivamente a diminuír tanto o risco de recaída local do tumor, como a probabilidade de desenvolver metástase a distancia”. A radioterapia recoméndase no caso de tumores grandes de mama (máis de 5 cm) tras unha mastectomía, máis aínda se o tumor afecta a pel, e cando existan ganglios na axila afectados polo tumor.

Tamén resulta esencial á colaboración multidisciplinar entre xinecólogos, cirurxiáns, oncólogos médicos, radiólogos, patólogos e outros especialistas, aseguran desde HM Hospitales. Os comités multidisciplinares permitiron nos últimos anos mellorar a abordaxe terapéutica, xa que “as decisións non as toma un único especialista, senón un equipo”, sinala a Dra. Laura García Estévez, xefa da Unidade de Mama de HM CIOCC. “Cada paciente é un caso particular e a abordaxe que se fai é único para cada paciente e tense en consideración a experiencia de moitos profesionais”, indica a especialista deste centro situado no Hospital Universitario HM Sanchinarro, e considerado como o primeiro Cancer Center privado de España.  



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)