Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Que exercicio facer segundo o teu traballo



PUBLICADO O 19 DE OUTUBRO DE 2017 · (0)



A tensión, as dores de costas e a fatiga visual son típicas de case todos os empregos. Malia que facer deporte é en xeral beneficioso se se fai con cabeza running, natación, boxeo, danza, crossfit ou pilates son especialmente bos dependendo das necesidades que teñan o noso corpo e a nosa mente.


Ademais de facer exercicio e practicar deportes por puro gusto, Gympass suxire esta listaxe en base a cada actividade e as doenzas e malestares que adoita xerar cada choio: administrativos, creativos e freelances, executivos... hai para tod@s.

Os perfís administrativos, executivos e traballadores de oficina son os que máis acusan dores de costas, problemas cervicais, fatiga visual... Os profesionais recomendan a natación: axuda a relaxar e fortalecer músculos, desentumecer as articulacións, mellorar a resistencia cardiovascular e facilita o descanso nocturno.

Creativos, publicistas, xornalistas e traballadores do sector do márketing e relacións públicas, sempre traballando a contrarreloxo para cumprir prazos, sofren altos niveis de tensión, dores musculares e ansiedade. O boxeo está a gañar fama porque favorece o control de impulsos, a liberación de endorfinas e fomenta a autoconfianza e o traballo mente-corpo. 

Autónomos e pequenos empresarios, que teñen que liderar equipos á vez que loitan,  adoitan acusar cansazo por falta de sono, doenzas musculares e problemas como a hemicrania. Poden ver no crossfit ao seu principal aliado: aumenta a forza muscular e resistencia ao esforzo físico, axuda a controlar o corpo e fortalece o espírito de equipo.

Altos directivos e empregados de banca de investimento, consultoría e bolsa están sometidos a altos niveis de tensións e horarios frenéticos. A falta de tempo e a tensión fan que o running sexa a mellor actividade física para este perfil: permite liberar a mente ao poder practicarse ao aire libre.

Freelances e perfís comerciais que teñen que traballar de forma solitaria ou facer malabares entre reunión e reunión atoparán nas actividades colectivas como danza, a mellora da coordinación e flexibilidade corporal, aumentar niveis de enerxía e estimular a convivencia social.

E os perfís relacionados con labores de diplomacia, protocolo e organización de eventos, que adoitan estar parte do seu tempo viaxando, sofren de hinchazón de pernas, problemas de circulación e retención de líquidos. Actividades como ioga ou pilates son perfectas para adestrar o corpo, relaxar a mente e mellorar a osixenación e a estabilidade. Tamén son importantes os exercicios de forza que melloran a circulación.

José Medina, gym partner de Gympass,e experto en Dirección e Xestión de Centros Deportivos, destaca que "a actividade física, non só prepara mellor o corpo para afrontar a carga física que cada emprego esixe, senón que unha vía de escape para desconectar da tensión. E ademais das actividades dirixidas existe a opción de practicar deporte en solitario escoitando a túa música favorita: uns dous aspectos máis importantes é sentirse cómodo e divertirse. O deporte non ten unicamente un compoñente físico, liberas a mente".



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)