Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Help Flash dá o salto ao mercado estadounidense



REDACCIÓN · PUBLICADO O 19 DE OUTUBRO DE 2017 · (0)



O dispositivo de sinalización de emerxencia impulsado pola start-up viguesa Netun Solutions estará presente no SEMA Show de Las vegas, o maior evento mundial de produtos de automoción. A empresa incorpora a Lucía Gregorio ao equipo directivo. A nova directora de sistemas é enxeñeira industrial e sempre traballou en telecomunicacións.


Do seu extenso currículo destaca ser durante 8 anos directora xeral de INEO, a Asociación de Empresas de Tecnoloxías de Galicia, e que leva 4 anos colaborando como experta externa da Comisión Europea no programa de I+D H2020. Tamén foi directora de innovación da consultora Econet, encargada de grandes contas como a de Telefónica.

Tan só pasou un ano desde que se lanzase ao mercado Help Flash e xa conta con presenza en Francia, Alemaña, Reino Unido e Portugal. A viguesa ten importantes plans para o 2018, ano no que espera instalarse en Estados Unidos e Asia con moi boas expectativas.  Nos seus doce meses de vida vendeu un total de 40.000 unidades e espertou o interese de investidores nas roldas de financiamento.

Que é?

Un equipo de sinalización luminoso que advirte dunha emerxencia na estrada sen necesidade de saír do vehículo evitando o grave perigo que supón colocar os triángulos de emerxencia, sobre todo de noite ou con mala visibilidad.  A instalación é inmediata: basta con colocalo sobre calquera superficie metálica para que se active automaticamente, tamén se pode facer de forma manual. O dispositivo, que se alimenta dunha pila, emite escintileos de luz ámbar visibles ata un quilómetro de distancia en condicións de baixa luminosidade. Tamén conta cunha luz branca adicional como lanterna.

Gañou o III Premio Emprendedores e Seguridade Viaria da Fundación Linea Directa, o Premio de Galería da Innovación na Feira Internacional Motortec-Automechanika e foi o gañador da IV edición de #Insurtechtalks de Axa Seguros.

 



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)