Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Constituída a nova directiva da Fraternidade Internacional do Camiño de Santiago



REDACCIÓN · PUBLICADO O 06 DE NOVEMBRO DE 2017 · (0)



O leonés Juan Carlos Pérez preside unha xunta na que estará acompañado pola norteamericana Rebekah Scott, a brasileira Clinete Lacativa, e os españois José Antonio de la Riera, Miguel Cajigal, Antón Pombo, Paula de la Riera, Emilio Lueje e Luís Menéndez.


A FICS (Fraternidade Internacional do Camiño de Santiago), entidade que agrupa a especialistas e documentalistas das rutas xacobeas, elixiu a Juan Carlos Pérez como novo presidente da organización na asemblea celebrada esta fin de semana no Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela. O novo responsable da FICS posúe unha ampla experiencia nas peregrinacións a Santiago con contactos en todo o mundo xacobeo, ademais de presidir durante anos a Asociación de Amigos do Camiño de Astorga (León) e o seu albergue.

O novo presidente, que substitúe á italiana Carmen Pugliese, anunciou aos socios vidos de países como Brasil, Alemaña, Francia, Italia, Portugal e España, que no seu mandato continuarían iniciativas de reivindicación e protección do camiño como a ampliación a 300 quilómetros para a obtención da “Compostela”, a denuncia aos atentados do patrimonio ou a afectación de obras públicas aos trazados históricos. Así mesmo se insistirá ás autoridades competentes para a revitalización do Premio Elías Valiña, que leva varios anos sen convocarse. Tamén porá en práctica novas ideas como una práctica aplicación dixital para os peregrinos.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)