Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Os virus: o maior problema de asistencia informática que cobren os seguros



REDACCIÓN · PUBLICADO O 06 DE NOVEMBRO DE 2017 · (0)



Un de cada catro casos que resolven está relacionado con virus e antivirus. E os problemas de almacenamento con USB e disco ríxido; ademais dos sistemas operativos -co 15% e o 14% dos casos-, van detrás. A cobertura de asistencia informática está incluída en moitos seguros de fogar ou pode engadirse, cómpre revisar as nosas pólizas.

 


Estes datos están recollidos nunha proxección realizada por MAPFRE sobre a súa propia carteira de clientes. En xeral as aseguradoras cada vez adaptan máis os seus produtos ás novas necesidades que xorden. Así, ás garantías básicas que cobren roubos, incendios, roturas ou danos causados por fenómenos atmosféricos, engádense o borrado de vida dixital.

A cobertura dá soporte aos problemas que poidan xurdir nun gran número de dispositivos: computador, DVD, cámara de fotos e vídeo dixital, TDT e mesmo smartphones e tablets. Tamén contempla os elementos dos equipos informáticos e axuda aos asegurados cos problemas relacionados co software e ata coa conexión a Internet. Agora ben, a maioría dos seguros non prestan asistencia nin aos equipos nin aos programas que non pertenzan ao uso doméstico. É dicir, aqueles que sexan de uso profesionalm cómpre telo claro.

Segundo MAPFRE, un 44% das peticións que reciben están relacionadas co borrado da pegada dixital para eliminar o rastro dos datos persoais na web e en redes sociais. E asegura que resolve ao ano máis de 44.200 casos de protección dixital e de asistencia informática.

 



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)