Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O traballo a tempo parcial rexistra a súa taxa máis baixa nun lustro



REDACCIÓN · PUBLICADO O 07 DE NOVEMBRO DE 2017 · (0)



O 14,3% dos ocupados en España traballa baixo esta modalidade laboral. Por tramos de idade, os menores de 25 son os que rexistran maior taxa cun 34%, seguidos polos que se sitúan entre 25 e 35 anos (14,4%) e, por último, os maiores de 45 (11,8%).


Segundo unha análise de Randstad, se se compara co ano anterior, tanto os ocupados máis novos como os de entre 25 e 45 anos reduciron a súa taxa, mentres que os maiores de 45 anos se mantiveron ao mesmo nivel. Respecto a 2008, os menores de 25 anos son tamén o colectivo que máis medrou, cun aumento de 15,6 puntos porcentuais, situándose por riba da variación experimentada a nivel nacional (+2,9 pp). En segunda posición están os empregados de entre 25 e 45 anos (+3,7 pp) e, rexistrando o menor incremento, os maiores de 45 anos (+1,7 pp).

En termos absolutos, o estudo destaca que 2.725.800 profesionais se atopan nesa situación, o que supón a segunda cifra máis alta, só superada pola rexistrada en 2015. Se se analiza toda a serie histórica, cómpre destacar que dende 2005 ata 2008, ano en que comezou a crise económica, a cifra de traballadores con este tipo de xornada se mantivo estable arredor dos 2,2 millóns de ocupados. Dende ese punto, o volume aumentou durante sete anos consecutivos, ata 2015, para despois descender en 2016.

O estudo tamén compara a taxa de emprego a tempo parcial en España cos principais países da Unión Europea, analizando ademais a relación existente entre o índice de emprego a xornada parcial e a taxa de desemprego. Neste sentido, destaca que os países con maiores taxas deste tipo de emprego son tamén os que rexistran menores índices de paro: todos os países que teñen taxas de emprego a tempo parcial por riba da media europea (18,9%) rexistran taxas de desemprego por debaixo do 7,5%.

Por países

Países Baixos (46,6%) e Suiza (38%) son os países con maiores índices de penetración de traballo a xornada parcial, e ambos amosan taxas de desemprego por debaixo da media europea (7,6%), do 4,8% e do 4,4%, respectivamente. A continuación atópanse Austria e Alemaña, ambos con taxas de emprego a tempo parcial superiores ao 25%. As súas taxas de paro sitúanse tamén por debaixo do 5,5% en ambos casos. Con taxas de emprego a tempo parcial por riba do 20% tamén están Bélxica, Noruega, Reino Unido, Suecia e Dinamarca. A taxa de paro en todos estes países sitúase por debaixo da media europea. A medida que se descende no ranking, cando aparecen os países con taxas de paro máis elevadas (España, Grecia, Italia, os tres por riba dos dous díxitos), se detectan taxas de emprego a tempo parcial por debaixo da media europea.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)