Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

“Como recuperar o liderado perdido?”



REDACCIÓN · PUBLICADO O 07 DE NOVEMBRO DE 2017 · (0)



Este é o título do relatorio co que Luis Manuel Calleja, experto do IESE en dirección estratéxica, participará o próximo martes en Vigo no Foro de Economía Empresa Alumni Pontevedra da Universidade de Navarra.


O xantar-coloquio, que se celebrará no Círculo de Empresarios de Galicia a partir das 14.00 horas, será presentado por Diego Maraña, presidente de Alumni Pontevedra da Universidade de Navarra, e a súa participación está aberta ao empresariado galego cun custo de 35 euros para o público en xeral e de 25 euros para membros Alumni da Universidade de Navarra. A inscrición pódese realizar a través do teléfono 986 91 78 92 ou na páxina web do Círculo de Empresarios de Galicia (www.circulo.gal).

Luis Manuel Calleja, profesor de dirección estratéxica do IESE Business School, é licenciado en Ciencias Físicas pola Universidade Complutense de Madrid e conta cun MBA no IESE. Ocupou diversos postos de dirección nos sectores financeiro, industrial e de servizos profesionais. No seu papel como consultor, deseñou plans estratéxicos para bancos, compañías aseguradoras, varias cidades europeas e americanas, e organismos públicos. Tamén ensina Política de Empresa no IEEM da Universidade de Montevideo, a AESE de Lisboa, a Fundación Bravo Murillo das Palmas, o ISE de São Paulo, o ISEM de Madrid, o Instituto San Telmo de Sevilla, ASM de Luanda, Angola, e o MDE de Abidján, Costa de Marfil, entre outras institucións.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)