Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Unha conferencia na UDC centrada en como facer unha taxación inmobiliaria



PUBLICADO O 07 DE NOVEMBRO DE 2017 · (0)



O salón de graos da Facultade de Economía e Empresa aborda mañá, ás 18.30 horas, este tema da man do arquitecto Germán Pérez Barrios.


Germán é presidente de UVE Valoraciones, unha empresa homologada polo Banco de España especialista en valoracións inmobiliarias. Xunto con Manuel López-Quiroga, director xeral da firma, editaron en xullo deste ano algúns datos sobre a situación actual do mercado residencial.

Ademais dunha intensa traxectoria como profesionais no sector das valoracións inmobiliarias, os directivos de UVE publican na web análises sobre o sector en toda España. No caso da provincia da Coruña, segundo o seu Informe, pasouse dun prezo medio da vivenda de 650,9€/m2 no primeiro trimestre de 1995 a 1.216,9€/m2 no primeiro trimestre de 2017.

Para o Ministerio de Fomento o prezo máximo produciuse no segundo trimestre de 2008 e desde entón os prezos baixaron un 23%. O importe medio as hipotecas rexistrou o seu máximo no cuarto trimestre de 2007 e rexistrou unha baixada do 21%. Na provincia da Coruña en 2016 iniciáronse 1.138 vivendas, un 55% máis das vivendas comezadas en 2015. O total de vivendas vendidas en 2016 na provincia coruñesa foi de 6.706, cunha media de tempo necesario para a súa venda de 2,5 anos. Na cidade da Coruña vendéronse neste período 2.031 vivendas cunha media de tempo necesario para a venda de dous anos.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)