Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A Coruña participa no primeiro estudo español de biomonitorización en adolescentes



REDACCIÓN · PUBLICADO O 07 DE NOVEMBRO DE 2017 · (0)



A cidade foi unha das 10 seleccionadas en España para o Proxecto BEA. Coordinado polo Centro Nacional de Sanidade Ambiental cuxo equipo visita este novembro o Instituto Salvador de Madariaga. O obxectivo: coñecer a exposición da poboación adolescente a determinadas substancias químicas presentes no medio e produtos de consumo.


O Instituto de Saúde Carlos III (ISCIII) a través do CNSA quere saber da exposición deste rango de poboación a bisfenoles, retardantes de chama, ftalatos e mercurio. En BEA participan 500 voluntarios de ambos sexos, estudantes de 3º e 4º da ESO.

As cidades foron sseleccionadas entre as 52 capitais de provincia para obter unha ampla variabilidade xeográfica e primaron aquelas zonas nas que hai pouca información previa sobre exposición a contaminantes neste sector da poboación. Ademais da Coruña, as  elixidas son Madrid, Zaragoza, Valladolid, Badaxoz, Alacante, As Palmas, Albacete e Santander; en cada unha delas participa un ou dous centros educativos. En cada centro seleccionásense uns 30 voluntarios respectándose a proporción  entre mozos e mozas. 

BEA deu os seus primeiros pasos en setembro coa primeira charla informativa no Instituto madrileño Miguel Delibes para informar e, unha vez obtida a autorización paterna, facilitar a incorporación de voluntarios. Unha vez finalizadas as charlas a toma de mostras realízase ao longo deste novembro. Para iso un equipo de expertos do CNSA (na imaxe inferior) desprázanse nas súas unidades móbiles a cada instituto.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)