Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Convócase o VII Premio de Investigación Oncolóxica Ramiro Carregal



REDACCIÓN · PUBLICADO O 08 DE NOVEMBRO DE 2017 · (0)



Até o próximo 16 de marzo de 2018 estará aberto o prazo de presentación de candidaturas ao Premio Internacional de Investigación Oncolóxica Científica e Técnica Ramiro Carregal que chega este ano á súa sétima edición. 


Un premio que cada ano congrega un maior número de candidaturas e que xa recibiron destacados investigadores de todo o mundo, como os doutores Mariano Barbacid, José Baselga, Carlos López-Otín, Eduardo Díaz-Rubio, Guido Kroemer e Luis Paz-Ares.

Dotado con 15.000 euros, este premio é un dos de maior contía no seu ámbito e permite a quen o recibe iniciar ou continuar o seu traballo no ámbito da investigación oncolóxica. Poden ser candidatos os investigadores de carácter pre-clínico (investigación básica orientada á obtención de coñecemento con aplicación clínica), e clínico (investigación en humanos), que desenvolvan a súa actividade en centros sanitarios e/ou centros de investigación, públicos ou privados de calquera parte do mundo.ca

As bases completas, con toda a documentación a presentar, están dispoñibles na páxina web Premio Ramiro Carregal, desde a cal se pode efectuar directamente a presentación das candidaturas, ademais de consultar calquera información relativa ao propio premio ou ás edicións anteriores. Así mesmo, as candidaturas pódense presentar tamén por correo certificado ao Apartado de Correos 50 de Santiago de Compostela ou á dirección Preguntoiro 36-1º, CP 15704 de Santiago. Tamén poden enviarse ao correo electrónico redaccion@bolanda.es.

En canto se peche o prazo de presentación, o Xurado do Premio, cuxo presidente executivo é o Dr. Rafael López, reunirase para avaliar todas as candidaturas e outorgar o galardón desta sétima edición. O fallo será inapelable e farase público no mes de abril nos medios de comunicación social e na propia páxina web do Premio. Así mesmo notificaráselle persoalmente ao gañador.

A entrega realizarase nun acto solemne que terá lugar na primavera e ao que asistirán personalidades do ámbito político, social, académico e científico, como xa ocorreu nas seis pasadas edicións.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)